Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Oleiros apoia a candidatura da Coruña para ser sede do Mundial de fútbol


O alcalde, Ángel García Seoane, remitiu un escrito de respaldo e apoio do Concello de Oleiros á Coruña para a candidatura do estadio de Riazor a ser unha das 11 sedes do Mundial de fútbol do 2030. O Goberno municipal pon a disposición da candidatura toda a infraestrutura de equipamentos públicos de Oleiros, así como os recursos en prazas hoteleiras e outros aloxamentos turísticos, establecementos de hostalería e comercio.

“A alcaldesa da Coruña dirixiuse ao Concello de Oleiros pedindo a nosa colaboración e apoio para esta candidatura da Coruña e por suposto que imos estar aí. Ogallá que ao final A Coruña sexa unha sede do Mundial de fútbol de 2030”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.